Axenda
Urbana
Carballo

Estratexia e Plan de Acción

Axenda urbana de Carballo, marco estatéxico e plan de acción

Obxectivo 1
Mellorar as condicións do espazo urbano e da contorna natural de Carballo

Liña de actuación 1.1.
Posta en valor dos espazos naturais de Carballo

Acción 1.1.1. Creación dun catálogo de patrimonio natural (verde e azul) do Concello para a posta en valor destes puntos e conseguinte mantemento ou recuperación nos casos necesarios.

Acción 1.1.2. Execución do Plan Especial para a creación un parque urbana no entorno do río Anllóns ao seu paso polo núcleo urbano.

Acción 1.1.3. Desenvolvemento do Plan Especial de Arnados-Razo.

Acción 1.1.4. Desenvolvemento do Plan Especial de Pedra do Sal.

Acción 1.1.5. Deseño dunha estratexia de infraestrutura verde e desenvolvemento das accións reflectidas na mesma.

Acción 1.1.6. Deseño dun programa de actividades para a dinamización dos espazos naturais do municipio e a concienciación dos escolares en torno á protección do medio ambiente.

Liña de actuación 1.2.
Mellora do espazo urbano e contorna construída da vila de Carballo

Acción 1.2.1. Realización dunha análise dos espazos vacantes na trama urbana de Carballo e a execución das obras para a creación de hortas urbanas e pequenos espazos públicos.

Acción 1.2.2. Deseño dun plan para o fomento da rehabilitación das vivendas baleiras na vila central para dinamización do aluguer.

Acción 1.2.3. Emprendemento de plans de mellora das condicións do espazo público existente mediante obras de restauración.

Acción 1.2.4. Mellora das instalacións culturais actuais e creación de novas infraestruturas.

Acción 1.2.5. Mellora das infraestruturas deportivas existentes e creación de novas infraestruturas no municipio.

Obxectivo 2
Fortalecer a gobernanza de Carballo

Liña de actuación 2.1.
Mellora da comunicación coa cidadanía

Acción 2.1.2. Emprendemento de accións para a dixitalización da administración local e a páxina web do Concello, mellorando a transparencia e aumentando tamén o número de trámites que se poden realizar de maneira telemática.

Acción 2.1.2. Elaboración dun plan de comunicación sobre a Axenda Urbana de Carballo que asegure o coñecemento, por parte da poboación de Carballo, das actividades incluídas no Plan de Acción.

Obxectivo 3
Mellorar a calidade de vida no rural

Liña de actuación 3.1.
Fortalecemento das relacións persoais no rural

Acción 3.1.1. Creación dun sistema de intercambio de coñecementos e habilidades entre a veciñanza do rural.

Acción 3.1.2. Deseño dun programa de actividades culturais, lúdicas e deportivas que fomenten o envellecemento activo nas parroquias a través de actividades interxeracionais da man das entidades do territorio.

Liña de actuación 1.2.
Mellora das estruturas e infraestruturas do rural

Acción 3.2.1. Creación dun plan para dotar a todas as vivendas rurais da infraestrutura necesaria para unha boa conexión a internet.

Acción 3.2.2. Creación dun plan de mellora da accesibilidade e a eficiencia enerxética nas edificacións rurais.

Acción 3.2.3. Programa para a difusión das posibilidades de emprendemento no rural, facendo énfase no fomento do sector primario.

Acción 3.2.4. Creación dun banco de terras municipal para poñer de novo en produción as terras actualmente en desuso.

Acción 3.2.5. Emprendemento de melloras no viario estruturante do rural e na súa pavimentación.

Obxectivo 4
Reducir a pegada ecolóxica do municipio de Carballo

Liña de actuación 4.1.
Redución da contaminación

Acción 4.1.1. Creación dun sistema de medición de contaminación aérea e acústica.

Acción 4.1.2. Deseño dun sistema de políticas para o fomento da creación de iniciativas empresariais baseadas no ecodeseño e no emprego de materias primas recicladas e reciclables.

Acción 4.1.3. Execución da estratexia de Barrios Sostibles elaborada previamente.

Acción 4.1.4. Emprendemento das obras necesarias para o soterramento das liñas de alta tensión que percorren o municipio de Carballo.

Liña de actuación 4.2.
Redución do consumo eléctrico e de auga no municipio

Acción 4.2.1. Creación dun proxecto de Comunidade Enerxética Local para reducir o consumo dos entes públicos, privados e da cidadanía do municipio e que sirva como potenciador de novas iniciativas.

Acción 4.2.2. Emprendemento de obras pasivas e con solucións baseadas na natureza para a rehabilitación enerxética dos edificios municipais.

Acción 4.2.3. Planificación e implementación de sistemas de monitorización, telexestión e optimización dos recursos de auga e enerxía nos espazos públicos para reducir o consumo e facelos autosostibles.

Acción 4.2.4. Remate das obras indicadas nos plans directores de abastecemento e saneamento para o municipio.

Acción 4.2.5. Creación dun plan de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca.

Acción 4.2.6. Deseño dun programa de difusión e impulsión de novos modelos de vivenda baseados na eficiencia enerxética, a optimización dos recursos e os modelos de vivenda pasiva.

Obxectivo 5
Mellorar a mobilidade de Carballo

Liña de actuación 5.1.
Mobilidade intermunicipal

Acción 5.1.1. Elaboración dunha estratexia para solventar os problemas de comunicación por transporte público de Carballo con outros municipios da comarca e coas cidades próximas de Santiago de Compostela e A Coruña.

Liña de actuación 5.2.
Mobilidade interna ao municipio

Acción 5.2.1. Planificación dunha rede ciclista e peonil que estruture o rural conectando as parroquias e os espazos litorais.

Acción 5.2.2. Definición dunha estratexia de conexión do rural entre si e co urbano baseada no modelo de transporte a demanda.

Acción 5.2.3. Deseño dunha infraestrutura para aluguer de bicicletas eléctricas con puntos de recarga para os percorridos dentro do concello e creación de puntos de recarga do vehículo eléctrico.

Acción 5.2.4. Revisión e actualización da estratexia de mobilidade urbana existente.

Acción 5.2.5. Creación dun sistema intelixente de control e xestión do tráfico e de aparcamentos para reducir prazas de aparcamento nas rúas máis céntricas e fomentar un núcleo urbano de prioridade peonil.

Obxectivo 6
Aumentar o potencial económico do municipio

Liña de actuación 6.1.
Mellora da infraestrutura de Carballo asociada ao sector industrial

Acción 6.1.1. Executar a terceira ampliación do polígono industrial.

Acción 6.1.2. Resolución da problemática derivada do paso do transporte de mercadorías polo núcleo central.

Acción 6.1.3. Elaboración dun Plan de Transporte ao Traballo co polígono industrial.

Liña de actuación 6.2.
Fomento e posta en valor do comercio e o emprendemento na vila

Acción 6.2.1. Dotación de axudas á dixitalización e mellora da competitividade dos comercios e pequenas empresas da vila.

Acción 6.2.2. Dinamización do espazo do segundo andar do mercado a través dun programa de usos lúdico festivos.

Liña de actuación 6.3.
Fomento doutras potencialidades económicas existentes en Carballo

Acción 6.3.1. Deseño dun plan de formación específica asociado ao espazo do FORUM para mellorar a oferta de cursos e clases especializadas enfocadas ao traballo.

Acción 6.3.2. Emprendemento de accións para o fomento do deporte como motor económico e dinamizador social.

Liña de actuación 6.4.
Planificación e posta en valor do turismo como palanca económica

Acción 6.4.1. Deseño dunha estratexia turística sostible cunha oficina técnica vencellada ao desenvolvemento da mesma.

Acción 6.4.2. Definición dun plan para a dixitalización da sinalética e información turística nos puntos de interese do municipio e na propia oficina de turismo.

Acción 6.4.3. Deseño e implementación dun proxecto para ordenar e atraer novas potencialidades en torno ao surf.

Acción 6.4.4. Deseño dun mapa literario con roteiros e guías vencellando aos autores que viviron en Carballo con localizacións xeográficas concretas.

Obxectivo 7
Reducir as fendas sociais existentes no termo municipal

Liña de actuación 7.1.
Redución das desigualdades entre a veciñanza

Acción 7.1.1. Construción do edificio municipal dedicado ás entidades sociais sociais e articulación dunha estratexia conxunta das distintas asociacións e o Concello para optimizar os recursos.

Acción 7.1.2. Deseño dun plan de accesibilidade para asegurar a accesibilidade universal nos espazos de relación e dotacións públicas de Carballo.

Acción 7.1.3. Creación dun foro de información e participación sobre novas formas de tenza de vivenda baseadas no cooperativismo.

Liña de actuación 7.2.
Fomento de actividades para a mocidade

Acción 7.2.1. Programa de conciliación para a revisión dos horarios e a programación de actividades extraescolares integradoras para a mocidade en colaboración coas entidades do territorio.

Acción 7.2.2. Deseño dun programa de formación e actividades de apoio a persoal escolar, asociacións e escolares para mellorar a inclusión das persoas con necesidades especiais e prevención do acoso en tódolos ámbitos.

Acción 7.2.3. Emprendemento de obras de mellora da infraestrutura dos colexios e implantación de patios inclusivos que permitan a diversidade de actividades para o xogo de todas as persoas.

Acción 7.2.4. Posta a disposición da mocidade (en idades entre 13 e 18 anos) dun espazo de reunión asociado a un Consello da mocidade.

Acción 7.2.5. Creación dun espazo cívico e cultural de referencia para a mocidade en idades superiores aos 18 anos vencellado a un programa de usos que fomenten a relación e o asociacionismo.