1. Territorio, paisaxe e biodiversidade
Obxectivo Estratéxico 1:
Ordenar o territorio e facer un uso racional do solo, conservalo e protexelo
Obxectivos Específicos:
1.1. Ordenar o solo de maneira compatible co seu entorno territorial.
1.2. Conservar e mellorar o patrimonio natural e cultural e protexer a paisaxe.
1.3. Mellorar as infraestruturas verdes e azuis e vencellalas co contexto natural.
RETOS
Articulación da infraestrutura verde do territorio.
Aproveitamento dos beneficios derivados da situación no eixo de desenvolvemento A Coruña-Arteixo-Carballo.
Aproveitamento do alto valor do patrimonio natural do concello.
Artellamento de estratexias compartidas cos concellos do seu enclave territorial.
Obxectivo Estratéxico 2:
Evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente
Obxectivos Específicos:
2.1. Definir un modelo urbano que fomente a compacidade, o equilibrio urbano e a dotación de servizos básicos.
2.2. Garantir a complexidade funcional e diversidade de usos.
2.3. Garantir a calidade e a accesibilidade universal dos espazos públicos.
2.4. Mellorar o medio ambiente urbano e reducir a contaminación.
2.5. Impulsar a rexeneración urbana.
2.6. Mellorar a calidade e a sostibilidade dos edificios.
RETOS
Fixación de poboación nos núcleos das parroquias máis rurais.
Complementariedade dos servizos ofertados nos equipamentos das parroquias.
2. Modelo de cidade
3. Cambio climático e resiliencia
Obxectivo Estratéxico 3:
Reverter e reducir os impactos do cambio climático e mellorar a resiliencia
Obxectivos Específicos:
3.1. Adaptar o modelo territorial e urbano aos efectos do cambio climático e avanzar na súa prevención.
3.2. Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
3.3. Mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático.
RETOS
Mellora das condicións do río Anllóns ao seu paso polo termo municipal.
Incremento da presenza de plantacións de árbores autóctonas non pirófitas nos montes.
Obxectivo Estratéxico 4:
Facer unha xestión sostibl dos recursos e favorecer a economía circular
Obxectivos Específicos:
4.1. Ser máis eficientes enerxéticamente e aforrar enerxía.
4.2. Optimizar e reducir o consumo de auga.
4.3. Fomentar o ciclo dos materiais.
4.4. Reducir os residuos e favorecer a súa reciclaxe.
RETOS
Redución do 40% nas emisións de gases de efecto invernadoiro.
Necesidade de obter datos da situación actual e os cambios en materia de consumo enerxético e produción de CO2.
Necesidade de solventar os problemas de eficiencia enerxéticas das edificacións rurais.
Estudo sobre a posibilidade de creación dunha Comunidade Enerxética Local.
Mellorar a eficiencia enerxética das edificacións municipais.
4. Xestión sostible dos recursos e economía circular
5. Mobilidade e transporte
Obxectivo Estratéxico 5:
Favorecer a proximidade e a mobilidade sostible
Obxectivos Específicos:
5.1. Favorecer a cidade de proximidade.
5.2. Potenciar modos de transporte sostibles.
RETOS
Cambio nas preferencias de transporte das persoas habitantes na vila de Carballo.
Contrarresto do illamento dos núcleos máis rurais do municipio.
Mellora das comunicacións mediante transporte público.
Mellora das condicións do transporte de mercadorías no núcleo urbano de Carballo.
Obxectivo Estratéxico 6:
Fomentar a cohesión social e buscar a equidade
Obxectivos Específicos:
6.1. Reducir o risco de pobreza e exclusión social en contornas urbanas desfavorecidas.
6.2. Buscar a igualdade de oportunidades desde unha perspectiva de xénero, idade e discapacidade.
RETOS
Redución das consecuencias das desigualdades sociais no territorio municipal de Carballo.
Incremento da igualdade entre mulleres e homes no municipio.
Mellora das condicións de vida das persoas máis desfavorecidas no concello de Carballo.
6. Cohesión social e igualdade de oportunidades
7. Economía urbana
Obxectivo Estratéxico 7:
Impulsar e favorecer a economía urbana
Obxectivos Específicos:
7.1. Buscar a produtividade local, a xeración de emprego e a dinamización e diversificación da actividade económica.
7.2. Fomentar o turismo sostible e de calidade e os sectores clave da economía local.
RETOS
Creación de estratexias para a posta en valor do potencial comercial da vila de Carballo.
Mantemento da actividade primaria existente no municipio.
Posta en valor das potencialidades turísticas do concello de Carballo.
Obxectivo Estratéxico 8:
Garantir o acceso á vivenda
Obxectivos Específicos:
8.1. Fomentar a existencia dun parque de vivenda adecuado a prezo accesible.
8.2. Garantir o acceso á vivenda, especialmente dos colectivos máis vulnerables.
RETOS
Mobilización da vivenda baleira do municipio .
Rehabilitación do parque edificatorio de maior antigüidade.
Necesidade de prestar unha especial atención ao incremento de vivendas de uso turístico na costa.
8. Vivenda
9. Era dixital
Obxectivo Estratéxico 9:
Liderar e fomentar a innovación dixital
Obxectivos Específicos:
9.1. Favorecer a sociedade do coñecemento e avanzar cara o desenvolvemento das cidades intelixentes (Smart Cities).
9.2. Fomentar a administración electrónica e reducir a fenda dixital.
RETOS
Mellora da xestión da cidade a través da obtención e emprego de datos recollidos no municipio.
Redución da fenda dixital existente.
Mellorar a presenza web do muicipio de Carballo.
Obxectivo Estratéxico 10:
Mellorar os instrumentos de intervención e a gobernanza
Obxectivos Específicos:
10.1. Lograr un marco normativo e de planeamento actualizado, flexible e simplificado que mellore, tamén, a xestión.
10.2. Asegurar a participación cidadá, a transparencia e favorecer a gobernanza multinivel.
10.3. Impulsar a capacitación local e mellorar a financiación.
10.4. Deseñar e poñer en marcha campañas de formación e sensibilización en materia urbana así como de intercambio e difusión da información.
RETOS
Actualización dos datos para a avaliación de transparencia mediante o índice DYNTRA.
Necesidade de seguir desenvolvendo estratexias conxuntas no ámbito territorial.
Recolección e posta á disposición da cidadanía de datos abertos do municipio.