Participación
A Axenda Urbana de Carballo é un plan estratéxico que fomenta a colaboración e participación activa de diversos axentes, involucrando ao Concello, outros niveis de goberno (Deputación, Xunta e Estado) e entidades sociais, ambientais, empresariais, deportivas e culturais. Este documento promove un enfoque colaborativo e transcende as fronteiras municipais, requirindo o compromiso de múltiples partes interesadas. A participación e o compromiso de todos estes axentes son fundamentais para levar a cabo as accións planificadas e acadar os obxectivos propostos.
O proceso de participación foi fundamental na elaboración da Axenda Urbana de Carballo, garantindo un enfoque inclusivo e colaborativo. A través de encontros con entidades e asociacións sectoriais, buscouse involucrar activamente a comunidade local para recoller unha visión diversa que reflicta as perspectivas e inquedanzas do territorio. As xornadas de participación, dirixidas a diversos sectores da comunidade, facilitaron o diálogo directo entre entidades e asociacións sectoriais. Estas sesións permitiron contrastar os desafíos identificados inicialmente e coñecer as necesidades, aspiracións e accións prioritarias de cada grupo no seu ámbito de actuación. Ademais, o intercambio de ideas e a posta en común das aportacións destes grupos contribuíron a consolidar unha visión compartida e a identificar posibles solucións colaborativas.
As reunións co grupo de goberno, xefes de servizo do Concello e oposición destacaron o compromiso do proceso participativo en todos os niveis da administración local, garantindo un espazo inclusivo para compartir información e representar as voces de toda a sociedade na elaboración da Axenda Urbana.
Cronoloxía
Diagnose
09 / 03 / 2023
Xefes de servizo
Reunión cos xefes de servizo das diferentes áreas do Concello
09 / 03 / 2023
Grupos Políticos
Reunión cos Grupos Políticos da Corporación
13 / 04 / 2023
Grupo de Goberno
Reunión co grupo de Goberno
13 / 04 / 2023
Diagnose
Diagnose Axenda Urbana de Carballo
05 / 05 / 2023
Resumo Diagnose
Resumo da Diagnose da AUC
Plan de acción
20 / 09 / 2023
Grupos de Goberno
Reunión co Grupo de Goberno do Concello
20 / 11 / 2023
Entidades sociais
Reunión con diferentes entidades sociais
23 / 11 / 2023
Outras entidades
Reunión con outras entidades locais
19 / 12 / 2023
Xefes de servizo
Reunión cos xefes de servizo das diferentes áreas do Concello
19 / 12 / 2023
Grupos P. Oposición
Reunión cos Grupos Políticos da Oposición